Santiago de Compostela, unha loita entre a diversidade cultural e o turismo de masa

(26/10/2018)

Representación da Cidade: Celia Eiras, Pablo Rañales, Eugenio Muñoz

Cafetería Airas Nunes – Rúa do Vilar

Iniciamos a conversa cunha pregunta: que é para eles Santiago de Compostela. “Santiago ten meigas voando polo aire; ten unha maxia, unha aurora que rodea á xente e faite querela. Se tes a mente aberta a unha visión artística, é a cidade perfecta”, opina Santi Acosta, poeta e músico. Lara Salgado, asesora de comunicación do Concello de Santiago e xornalista, engade: “Compostela é unha cidade que se pode vivir de moitas formas, e que ofrece a posibilidade de facer o que un queira”. Lois Froiz, cineasta compostelán, destaca a cantidade de cultura local que existe en Santiago. “Mantemos moito a nosa identidade galega como parte da nosa vida cultural”, sinala.

Revisando unha nova de La Voz de Galicia de 16/10/2018 sobre a chegada a Santiago do peregrino número 300.000, as palabras masificación e medios de comunicación saen de contado, e o Camiño de Santiago e a catedral acompañan a estes termos. “Os medios teñen sempre un enfoque que acentúa un turismo a granel”, apunta Lara. Para Santi Acosta, “os peregrinos véndense como produtos na prensa”. Lois Froiz afirma: “os medios reflicten co tratamento informativo do Camiño unha simbiose cultural inexistente. Hai unha retroalimentación económica, pero non cultural.

Para o xornalista e pintor Deiviz Kostoya, existen certas tipoloxías de novas nos medios de comunicación que se fundamentan en notas de prensa. “Isto vén dado polos escasos recursos das redaccións locais”, sinala. Ademais, non considera que sexa un aumento nos negocios o que estea masificando o Camiño, senón ao revés. “O Camiño está de moda e iso tira para arriba ás empresas.”

DSC_0154
O debate desenvólvese a través da visión dos medios de comunicación da cidade nas súas publicacións.

Fiamos cun suplemento de El Correo Gallego do 12/10/2015 que conmemoraba os 30 anos de Santiago como cidade Patrimonio da Humanidade. Alén de toda esta promoción masiva da cidade focalizada na Catedral e no Camiño, hai espazo nas páxinas dos xornais para o seu labor na cidade? “No ámbito cinematográfico si hai representatividade, máis que nada porque o cinema é un medio accesíbel para a prensa”, admite Lois. Porén Ángel Vidal, músico e fotógrafo, comenta que hai cousas que están pouco promovidas, descoñecidas para a xente que vive en Compostela. “O Camiño e os peregrinos copan todo o espazo”, engade. Deiviz recoñece desde a óptica da ilustración: “sempre vou ao tópico porque todos funcionamos por tópicos. Barcelona: Sagrada Familia, Gaudí. Santiago: Catedral, Apóstolo”.

Lara Salgado concluíu facendo fincapé en como traballan os medios locais. “Operan dun xeito diferente, cubrindo temas orientados a problemáticas distintas. Cobren que hai moitas fochancas, que os boiardos molestan, que os contedores rebordan… Que todo está fatal. Ou que todo está fantástico, dependendo de quen fale”.

Da nosa primeira reunión na cafetería Airas Nunes, resultou unha primeira pero esperanzadora análise das pezas que constrúen a idea de Santiago de Compostela, que calan fondo na opinión pública, así como do papel que toman os medios nesta engranaxe.  Á porta da cafetería, situada no epicentro do casco histórico de Compostela, sorprendéronos unha ducia de debuxantes ilustrando en papel os edificios da rúa do Vilar. O noso traballo é o inverso: darlle unha explicación ao que o papel transmite de Santiago, e a partir de aí abrir vías alternativas para unha cidade con futuro.

Participaron na conversa:

Santiago Acosta, músico, poeta e historiador da arte.

Luis E. Froiz, director, editor e montador de cine.

Deiviz Kostoya, pintor e xornalista.

Lara Salgado, xornalista e asesora de comunicación do Concello de Santiago.

Ángel Vidal, fotógrafo, músico e estudante de Maxisterio.

Autor: Pablo J. Rañales Pérez

Del 99. Gallego. Escritor novel. Estudiante de periodismo en la USC. Profesor de escritura creativa en el Círculo de Ares.

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s