O Círculo de lectura de Mulleres concorda: “a linguaxe dos medios debería ser máis inclusiva”

DSC_0007.JPG

(27/10/2018)

Muller: Mar Álvarez, Paula Padín e Antía Araújo

Libraría Lila de Lith

Tras un repaso aos titulares dos xornais, Lara Rozados, xornalista e integrante da plataforma A Sega, considera que  “a linguaxe constrúe imaxinario, e o universal sempre foi o masculino. Ben sexa por rutina, por hábito ou por dinámica, é moi difícil cambiar a nosa mentalidade, por iso hai que intentar que a linguaxe sexa o máis inclusiva posible”. Lara refírese a un titular de El Correo Gallego do 20/10/2018 sobre a viaxe a Moscova do alumnado do IES Rosalía de Castro. A xornalista di que, por exemplo, nesta noticia dáse máis importancia aos homes que ás mulleres a través do uso de nomes e apelidos. A eles co apelido bástalles. Elas van co nome de pila ademais. Isto, que semella de pouca importancia, vai pousando na percepción do lector, como participante que é do discurso dos medios. Os usos da linguaxe inclusiva están recollidos na lei, segundo asegura Paula Fernández do servizo da Xunta Quérote+. Enténdese como linguaxe inclusiva aquela que non discrimina a ningún colectivo e que se debe empregar para promover a igualdade. A representante da asociación A Curuxa Feminista Uxía Castro sentenza: “coido que a linguaxe é ampla dabondo para non caer neste tipo de cousas”.

As convidadas teñen claro que os medios de comunicación xogan un papel importante á hora de concienciar á xente e fomentar a igualdade no trato. En moitas ocasións o problema é lingüístico, tal e como se concluíu nesta primeira xuntanza, pero inflúe o tratamento máis ou menos coidadoso que os medios lle dean á información da que dispoñen, concordan Lara, Paula e Uxía no espazo de diálogo que facilitou a libraría Lila de Lilith.

DSC_0013

Uxía Castro lendo os titulares dalgunha das novas.

As novas que se publican nos medios serven moitas veces como analoxías da vida cotiá ou como percutor dunha idea que fai á información parte dunha comunicación circular, que se completa para facer parte da experiencia do lector-interlocutor. É a experiencia participativa que xorde do texto. A noticia de El Correo Gallego do 08/03/2018 sobre o Premio Xohana Torres proxectou un diálogo entre Paula e Uxía respecto da estraña vitoria por parte dos homes na maioría das edicións dun premio cuxo obxectivo é a visibilización da muller. Precisamente que dezasete anos seguidos os homes gañen, como que non anima”, afirma Uxía Castro. Falouse tamén da pouca confianza das mulleres en si mesmas, infundada por este tipo de cuestións e por como os medios as reflicten. “Non as representan nin as visibilizan como candidatas para isto”, asegurou Paula Fernández.

Outra proxección do discurso de Lara Rozados a partires desta nova aportou á reunión unha sentenza sobre o caso de Iria Pinheiro, explicando o papel fundamental que tivo a Asociación de Actores e Actrices ao pedirlle a diferentes asociacións como A Sega que leran tal sentenza en clave feminista, pois, como asegurou a xornalista “ao final o que vemos nos medios é sempre a muller que lle arruína a vida a un home importante”.

O Círculo crítico da muller ten claro que é precisa unha modificación no tratamento e que quizais esta sexa unha das moitas bases que poidan axudar a impulsar unha transformación social e dos medios.

Conversaron connosco:

Uxía Castro, A Curuxa Feminista.

Lara Rozados, xornalista. A Sega.

Paula Fernández, servizo Quérote+

 

3 opiniones sobre “O Círculo de lectura de Mulleres concorda: “a linguaxe dos medios debería ser máis inclusiva””

  1. Moi atinadas reflexións, aínda que faltou supoño aquel decente titular dun accidente con dúas persoas e unha muller accidentadas (🤨). Penso que se avanza pouco a pouco, moi lento, non so ná linguaxe, tamén no respecto ás mulleres. Queda tanto camiño!!! Vivimos nunha sociedade demasiado testosterónica e temos que traballar xuntas e xuntos por acadar dunha vez a igualdade real. Por xustiza.

    Gústame

    1. Totalmente de acordo!
      Tamén lles faltou a nova recollida por La voz de Galicia o 29/10/2918, porque aínda non se producira, arredor do desmantelamento dunha rede de trata en Santiago, na que se inicia o texto da noticia así: La Policía Nacional ha detenido en Santiago a tres personas -dos ciudadanos rumanos y una mujer colombiana-. É dicir, os rumanos eran “cidadáns”, mais a colombiana nin a cidadá chegaba, era “muller”.

      Gústame

  2. Como non quero que me acusen de “antiCorreo”, abro La voz de Galicia, tamén de hoxe, tamén dixital, e, aínda que atopo noticias semellantes tratadas máis adecuadamente (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/11/03/manuel-martin-maria-sofia/0003_201811G3P10991.htm ), aparecen tamén noticias das que as mulleres fomos borradas:

    1. La ley que inquieta a fiscales y padres: los tutores de incapacitados serán asistentes (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/11/03/ley-inquieta-fiscales-padres-tutores-incapacitados-seran-asistentes/0003_201811G3P23997.htm )
    CONCLUSIÓN: As nais non se preocupan, as titoras non existen e ás “discapacitadas” isto non lles afecta!

    2. Los extranjeros que estudian en Santiago alaban su comida y aborrecen su clima (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/11/03/extranjeros-estudian-santiago-alaban-comida-aborrecen-clima/0003_201811S3C5991.htm )
    Más de dos mil alumnos que proceden de la USC o que recalaron en ella intercambian a diario experiencias en la Red
    CONCLUSIÓN: As estranxeiras non estudan en Compostela e na USC non hai alumnas!

    3. Cientos de personas se implican en sacar adelante iniciativas sociales en Santiago (bo titular, o problema está no corpo da noticia) (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/11/03/cientos-personas-implican-sacar-adelante-iniciativas-sociales-santiago/0003_201811S3C2992.htm )
    A pesar dun bo titular coma ese, inclusivo, a pesar de ilustrar a nova cunha foto na que figuran 2 mulleres e un home, a pesar de que no final da noticia, lemos que: El 67 % de ellos son mujeres, y la mayoría tienen entre 20 y 35 años, a pesar de todo iso, a noticia redáctase en masculino!

    Creo que, con cada unha desas novas, deivos razóns abondas para que vos sintades orgullosas do voso proxecto, da súa necesidade. Parabéns! Ánimo, forza e adiante!

    Gústame

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s