NÓS TELEVISIÓN: “Os medios convencionais invisibilizan a realidade dos grupos máis vulnerábeis”

Primeiros datos do proxecto “Círculos de Lectura. Unha Crítica social dos medios de Comunicación” que xa recibiu críticas por parte da prensa máis reaccionaria.

 

A partir dun proxecto de investigación no seo da USC e grazas ás achegas da Unión Europea e do Concello de Santiago a través dos Orzamentos Participativos, púxose en marcha hai pouco un observatorio de comunicación cidadá que, a partires da creación de círculos de lectura, analiza os contidos dos medios de comunicación en relación a certas temáticas sensibles. Nel repásanse os contidos relacionados coas mulleres, migrantes, persoas con diversidade funcional ou mozos e mozas.

Constatan o mantemento da publicidade sexista e a continuidade de anuncios de prostitución na prensa galega

Aínda que levan poucos días de traballo, desde o colectivo xa atoparon elementos significativos no tratamento informativo destes temas. “Existe unha linguaxe sexista e non inclusiva e continúan, por exemplo, os anuncios de prostitución”, explica Luís Ogando, un dos seus promotores. “Cando se fala da mocidade universitaria sempre é en negativo con novas como o botellón, poucas veces para salientar aspectos positivos”.

https://player.vimeo.com/video/299194481?app_id=122963

Un panorama mediático “viciado”

O primeiro día da presentación deste proxecto universitario xa recibiu as críticas de El Correo Gallego ou de OkDiario acusándoos de querer “controlar os medios”. Ogando pensa que o panorama de medios de comunicación en Galicia “está viciado polas axudas que reciben e entrar en dinámicas de poder que son perigosas”. Por outro lado observa que os medios tradicionais “non se abren á sociedade” e por este motivo “perden audiencia que gañan outros medios novos”.

https://player.vimeo.com/video/299194962?app_id=122963

Fonte: https://nostelevision.gal/os-medios-convencionais-invisibilizan-a-realidade-dos-grupos-mais-vulnerabeis/ 

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s