O debate sobre a habitabilidade dos estudantes, obviado nos medios de comunicación

(10/11/2018)

Cidade e Universidade: Tania Forja, Laura Garrido e Jacobo Pérez-Lirón

Burgo das Nacións

Despois da lectura de pezas de El Correo Gallego e La Voz de Galicia, Roberto Castro (membro do gabinete de prensa da USC) sinalou que “o tema da habitabilidade non está no discurso dos medios de comunicación”. Se se considera “a comunidade universitaria como industria” sendo un dos principais piares de poboación de Santiago, é preciso dende a Universidade “abrir canles para axudar a atopar opcións de vivenda e informar das situacións dos prezos”, un tema que obvia tamén a cobertura mediática local.

DSC_0357.JPG

Manuel Fraga (representante da Asociación de Antigos Alumnos da USC) cuestionou a integración dos estudantes na vida de Santiago e criticou que nos medios “teñen presenza as botellas e as festas” que adoitan organizarse nos pisos de estudantes. Fraga Carou subliñou que “dos pisos e dos prezos hai tempo que non falan” os xornais e preguntouse se “suben os prezos dos alugueres de estudantes ou dos pisos en xeral?”.

Ramon Daniel Regueiro (estudante da Facultade de Matemáticas da USC) defendeu que os medios “deberían de dar unha visión máis participativa do conxunto da comunidade”. Castro retrucou amosando o labor do gabinete de prensa que é receptivo ás iniciativas do estudantado. Regueiro cuestionou tamén as oportunidades de lecer que se lles ofrece dende o Concello trala prohibición do botellón, que deixou sen alternativa (máis aló das festas nos pisos) aos estudantes composteláns.

Miguel Magán (director do servizo de deportes da USC) lembrou que “nos medios sempre recordamos os desaloxos, iso sempre o houbo” deixando de lado a idea de que nos atopemos ante algo novo. Sobre as informacións das festas nos pisos, mantivo que “cando ocorre unha cousa desas sempre ten unha repercusión mediática.” “Hoxe en día a cidade de Santiago converteuse nun lugar no que todo está dirixido ao de fóra”, foi a reflexión coa que Magán pechou a súa análise.

Participaron na reunión

Roberto Castro, membro do Gabinete de Comunicación da USC.

Manuel Fraga, representante da Asociación de Antigos Alumnos da USC.

Ramón Daniel Regueiro, estudante da Facultade de Matemáticas da USC.

Miguel Magán, director do servizo de Deportes da USC.

 

Autor: Jacobo Perez Martinez

Xornalismo (USC) e Comunicación Audiovisual (UVIGO)

Un comentario en “O debate sobre a habitabilidade dos estudantes, obviado nos medios de comunicación”

  1. Compostela recibe todos os anos grandes cantidades de novos estudantes que se suman aos que xa vivían na cidade anteriormente. A alta demanda de pisos fixo que os prezos subisen sen importar o estado no que se atopen os inmobles. Os caseiros, que a miúdo posúen varios pisos para alugar, só se preocupan de gañar diñeiro. Pisos cos mobles destrozados, con pouca insonorización e ventás mal illadas, sumándose isto á falta de calefacción na maioría dos casos, fan destes apartamentos lugares nos que ninguén querería vivir. O problema é que tampouco hai outra alternativa. E nos medios pouco se fala disto. Cando sae algunha noticia referida aos estudantes sempre é, como se menciona no voso artigo, referida aos temas de botellón nos pisos que tanto parece molestar aos veciños. A criminalización dos estudantes é bastante grave neste sentido, mais o que nunca se menciona é a razón pola cal se levan a cabo festas nos seus apartamentos. A prohibición de facer botellón en lugares públicos habilitados para elo (que si se permite noutras cidades), fai que os estudantes non teñan outro remedio que facelo nas súas propias casas.

    Como estudante, opinio que debería de establecerse algún tipo de control ou mecanismo de presión sobre os caseiros para obligalos a que manteñan os pisos nunhas condicións mínimas aceptables para os prezos que están a poñer. Ao final, saben que os pisos van acabar alugándose e non se preocupan nin en cambiar os colchóns. O problema é que a maioría da xente non é coñecedora da situación debido á inexistente cobertura mediática que ten. Centrarse na criminalización dos estudantes ou nos logros da USC como identidade (na contra de falar dos alumnos grazas aos cales se chega a isto) son os temas nos que se centran os medios de comunicación.

    Gústame

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s