Baixo o limiar da pobreza: os medios ao carón da propaganda diferencial e do discurso do medo

(7/11/2018)

Pobreza: Sara Gil, Xulia Lomba e Paula Antón

Centro Sociocultural do Ensanche

“Cal é o problema que ten a sociedade coas persoas que non teñen recursos? …  pois débese de facer visible a este colectivo e, de feito, axudalo,  pregunta e repóstase Nerea Gil, coordinadora de aulas en Cáritas e estudante de Maxisterio, comentando a noticia de Europa Press do 11 de xuño de 2018.

Patricia, tamén estudante de Maxisterio e voluntaria nas 3000 vivendas en Sevilla, sentencia ó respecto: “a pobreza vese en moitos máis ámbitos que no comedor escolar e quede feito, é nun dos ámbitos dos que non está tan claro que se teña menos recursos.

Alicia, estudante de Traballo Social comparte que “o que se fai con este tipo de noticia é discriminar máis aínda a este colectivo. Nerea reafirma que “se fai visible porque eles [os medios e os partidos políticos] queren que se faga visible, xa que se en vez de propor só o comedor escolar na época estival, poderíanse organizar actividades lúdicas que teñan comedor. De esta maneira non será tan fácil de ‘notar’  quen ten menos recursos e quen ten máis”.

Patricia critica o tratamento seguidista na noticia: “dicir que non queren propoñer un comedor no verán pola posible visibilidade da pobreza parece máis que nada unha forma de limparse as mans.

Nerea remata dicindo que “as persoas que lean esta noticia pensarán ‘pobres rapaces que se van sentir discriminados’ porque a xente pensa que teñen menos recursos, cando hai que pensar no fondo do colectivo” e que “tampouco sei ata que punto as persoas afectadas queren falar sobre a súa situación, xa que segundo a sociedade está mal visto vivir baixo o limiar da pobreza.  Nas aulas temos unha norma: como non todos poden traer merenda, dámoslla nós”.

IMG_1826
Paula Antón ensinando unha noticia ás nosas participantes.

Outra noticia que pode amosar un selo partitario é a que fala da queixa contra das persoas que pasan a noite na praza do Toural  por seren conflictivos, segundo a asociación Compostela Monumental e que recolle un texto publicado o 24 de outubro en El Correo Gallego.

Alicia, estudante de Traballo Social, respecto das atribucións que fai o tratamento da información comenta que “unha persoa rica tamén pode ser conflitiva”. Patricia, pola súa banda, significa que “con esta noticia, crease un estigma contra o colectivo […] En vez de só botalos, deberíaselle dar algunha oportunidade como a rehabilitación ou a busca de traballo”.

Non se pode cargar contra un colectivo enteiro o que fixo un grupo minoritario. Non é xustificable. Se só unha minoría formou parte do delito –roubar nun local do casco histórico-, deberíase buscar a esta e non cargar contra todos”  tenta equilibrar Alicia.

IMG_1831
As nosas participantes. De esquerda a dereita: Alicia, Nerea e Patricia.

Remata o Círculo nesta primeira xuntanza cunha noticia tamén de El Correo Gallego publicada o 3 de xaneiro de 2010.

Nerea pregúntase se esta noticia axuda a alguén, mentres que Alicia recalca que “o que queren mostrar aquí é a separación entre a xente con altos ingresos e a xente que case non percebe destes, que non exista a clase media”.

Patricia culmina con que o obxectivo desta noticia é deshonrar a este colectivo”.

O tratamento precarizado nas noticias seleccionadas para o diálogo neste primeiro Círculo é un dos principales problemas cando se trata de enfocar a colectivos marxinalizados. Segundo a análise das convidadas, a falta dunha debida contextualización, da contrastación de fontes (sobre todo cando falta a voz dos incriminados) ou  tamén a criminalización dun colectivo sen ofrecer información contrastada incorre nunha falta de responsabilidade social por parte do profesional e da publicación, e na oferta dunha lectura sesgada e de parte que non contribue, senon, a consolidar o problema,  se é tal, do que se informa.

Conversaron connosco:

Nerea Gil González, coordinadora de aulas en Cáritas e estudante na facultade de Maxisterio da USC.

Alicia López Couceiro, estudande de Traballo Social na USC.

Patricia Martí Mate, voluntaria nas 3000 vivendas en Sevilla e estudante na facultade de Maxisterio da USC.

 

 

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s