O botellón e as actividades extraescolares: as dúas caras da universidade

(15/11/2018)

Cidade e Universidade: Tania Forja, Laura Garrido e Jacobo Pérez-Lirón

Burgo das Nacións

Non creo que se poida xulgar ós 24.000 estudantes por 30 festas universitarias” afirma Roberto Castro, membro do gabinete de prensa da USC, tras ler varios titulares de pezas de “El Correo Gallego” e “La Voz de Galicia” ambas do 22 de setembro de 2018, sobre o botellón nos pisos de universitarios en Compostela.

Miguel Magán, director do servizo de deportes, fai fincapé no trasfondo do problema do botellón “o alcol ao marxe dunha copa de viño ou unha cervexa, cando a finalidade dunha reunión ou dunha festa é acabar cun coma etílico ou borracho, e que estamos falando outra cousa, é que algo está a fallar

Esta é a típica información estacional cando de que o curso sobre os pisos, comezan as festas e hai festas que se van un pouco da man” continúa Roberto Castro quen engade tamén que malia iso “simplificando absolutamente a mensaxe, a min non me gustaría que se identificase, xa non á universidade, ó alumnado universitario, con festa de alcol, destrozos e violencia

Os mozos van seguir bebendo da forma máis barata posible”  recorda Gabriel Salsón, membro de Students for Liberty. Sobre os espazos para o botellón, Ramón Daniel Regueiro, estudante do grao de Matemáticas, fai fincapé en que “hai un problema xa que non se fornece de alternativas baratas para unha conduta que se vai dar, é dicir, sabes que algo se vai dar e non hai unha forma barata

O que facemos é enfocar o tema de “hai movida” e polo tanto son todos alumnos, e iso por que?” engade Miguel Magán, reflexionando sobre a asociación dos desmadres polas noites cos universitarios.

Pasando agora a novas (noticia de “La Voz de Galicia” do 9 de setembro deste ano) sobre as distintas actividades complementarias que oferta a USC e a súa repercusión na cidade, Miguel Magán recalca “esta é a outra cara da universidade, a cara máis bonita (…) aquela actividade académica que trascende o ámbito universitario e chega ó resto da cidadanía” Sobre isto tamén aporta Manuel Fraga “esta é a outra cara do botellón desmadrado

Con distintas propostas (Extraída de “La Voz de Galicia” do 10 de abril de 2018) sobre a mesa continuamos reflexionando sobre a facilidade que ofrece a proposta urbanística de Santiago de Compostela, Miguel Magán de novo aportaba que “é máis fácil concentrar porque a propia universidade está no centro, pensade que que para a oferta deportiva o maior complexo deportivo hoxe en día (…) é o campus sur” O director do servizo de deportes continúa explicando a conexión da cidadanía coa universidade a través destes momentos “son puntos de encontro da propia sociedade, sexa universitaria ou non para facer algo en común que lles guste, e a partir de aí establecer unhas relacións que trascedan do ámbito académico

Cunha expresión por parte dos medios dunha universidade aberta, Roberto Castro aporta “A actividade da universidade non é excluínte para o que non é universitario” Á súa vez, Manuel Fraga recalca o auxe desta oferta con respecto a anos anteriores  “unha cidade tan abarcable, permite esa fusión de que nos esteamos tropezando continuamente nas rúas estudantes, profesionais veciño… Historicamente fomos mundos ou compartimentos estancos, que non nos mezclabamos. Agora si por fin as facultades e os centros están abrindo as portas.”

Doutra banda, tratamos a repercusión destas actividades na cidadanía, en como estas educan ó resto da poboación, como por exemplo coa apertura de clubs paralelos que desenvolven actividades similares pero que teñen a súa orixe na universidade. Sobre isto Roberto Castro aporta “isto é un exemplo mais da repercusión, porque o mesmo pasa en danza e en teatro, xente da aula de teatro pois montaron grupos de teatro fóra (..) e que doutra forma non habería

Rematamos recalcando os grandes beneficiados de todo este tipo de actividades, Manuel Fraga, representante da Asociación de Antigos Alumnos da USC, destacando o labor do voluntariado da USC, (noticia de “La Voz de Galicia” do 8 de outubro deste ano) “é unha cousa moi sobranceira e, a quen beneficia? Beneficia ás persoas maiores, as persoas dependentes ou hospitalizadas da cidade.” Miguel Magán engade tamén o aporte para o estudantado “axudas altruistamente e recibes esa contraprestación de formación en sensibilidade, empatía…

Pechamos coa reflexión do director do servizo de deportes sobre a importancia destas actividades, tanto de forma cualitativa como cuantitativa “no ano 2016-17 o servizo de deportes moveu 8510 persoas distintas e diferentes facendo actividades físico-deportivas (…) Cantas facultades teñen ese numero de alumnos?

Cómpre entender estas actividades non só como un complemento da formación universitaria, senón como educación en si mesmas, así como pontes e formas de conexión entre a cidadanía compostelá e o mundo do estudantado.

Conversaron connosco:

Roberto Castro, membro do Gabinete de Prensa da USC

Manuel Fraga, representante da Asociación de Antigos Alumnos da USC.

Miguel Magán, director do Servizo de Deportes da USC. 

Ramón Daniel Regueiro, estudante do Grao de Matemáticas.

Gabriel Salsón, membro de Students for Liberty.

Un comentario en “O botellón e as actividades extraescolares: as dúas caras da universidade”

  1. Tras a lectura de este texto, e unha breve reflexión previa, podo afirmar que o papel dos estudantes na prensa está máis que subestimado.
    A comezos de curso, no mes de setembro, os medios recorren sempre á noticias da apertura do curso escolar, pero a imaxe que amosan dos estudantes non sempre é a mellor. Decántanse por centrar a información, non nun novo período de estudo e superación, senón de festa, alcol, e disturbios. Iso si, cando os estudantes a partir do seu esforzo chegan o logro académico non vacilan en incluír, ben grande, no titular sempre que sexa posible, a institución da que proveñen.

    Os medios venden a xuventude como una xeración inculta, incivilizada, pero é que non podemos comparar toda unha xeración cos participantes dun reality show como Mujeres y hombres o viceversa, ou Gran hermano. Este idea, concibida pola sociedade dunha xeración perdida e sen futuro, é toda unha fachada que edificou a prensa e coa que nós, adolescentes e estudantes, temos que cargar. Este artigo de Belén Martínez, paréceme moi apropiado para percibir mellor o que trato de esclarecer coas miñas palabras:
    https://vientosur.info/spip.php?article10735

    Gústame

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s