A des-información por parte dos medios. As bolsas e a súa difusión.

(18/11/18)

Pobreza: Paula Antón, Sara Gil e Xulia Lomba.

Centro Sociocultural do Ensanche. 

Imaxe dos participantes no segundo círculo. A esquerda da imaxe Manuel Barbeitos, Jose Barros e Lucas Loio. A dereita Paula Antón, Sara Gil e Xulia Lomba.

“Os medios teñen unha labor importante é deben ser os que deben de facer unha labor xornalística poñendo no foco a situacións existentes” comenta Manuel Barbeitos, economista xubilado é colaborador en diversos medios de comunicación. Jose Barros, estudante de xornalismo e usuario das diferentes bolsas que proporciona o Estado, explíca: “Cando pensamos en pedir becas pensamos directamente na que ofrece o Ministerio, máis  tamén hai becas comedor, becas de desprazamento, becas de familia numerosa. Un montón de becas que se descoñecen” Para el: “Calquera tipo de axuda debería estar publicada, en especial se os medios son públicos”. Porén, toma a palabra Lucas Loio, estudante de económicas, para engadir: “Eu penso que si crean estas becas é para que a xente as use. Tamén é certo que o Estado ten a obrigación de intentar facer chegar esa información á poboación para que solicite estas axudas”

Trocamos de nova e pasamos a unha publicada no Faro de Vigo o 31.08.2017, onde diferentes universitarios responden se compensa o desembolso económico. “Hoxe en día hai xente que dáse de baixa no segundo cuadrimestre porque non pode costearse estudar fóra da casa”, comenta Manuel Barbeitos mentres que Jose Barros admíte: “Realmente cada día patéxome máis se me está rentando a carreira a nivel económico. Non hai ningún caso que me represente a min, e eu creo que como a min a máis xente.”

Imagen 1

Jose expoñendo as súas ideas, mentres Manuel Barbeitos e Lucas Loio escoitan.

Pechamos a sesión cunha nova do Correo Gallego datada no 18.06.2018: Raxoi destina casi 600.000 euros para becas de comedor, actividades y material el próximo curso.

Segundo Jose Barros: “É positivo que se dediquen eses cartos a que  os rapaces poidan comer, pero quédome con que o goberno destine diñeiro a un fin (…) danlle máis importancia a que van a  destinar moito ou pouco diñeiro. Paréceme máis importante que nos primeiros parágrafos indiquen como podes acceder a estes cartos. Por outra parte Manuel Barbeitos conclúe “Temos unha prensa que non é nada obxectiva, moi politizada. Os medios teñen un problema moi importante: que non se auto finanza. Todos depende dos bancos, polo que as noticias van para os bancos.”

“É unha noticia valorativa e non informativa” resalta Jose Barros para recalcar a existencia da des-información. “Cada vez vemos noticias que parecen máis publicidade, paréceme ben. Pero tamén hai que amosar o que pasa, como o porqué se destina estes cartos.” Reafirma Lucas Loio sobre a necesidade de informar.

O círculo crítico de pobreza pensa que os medios teñen unha das labores máis importantes na sociedade, manter a xente informada e que por tanto deberían mellorar o tratamento de asuntos como as bolsas ofertadas a persoas con necesidades económicas.

Conversaron connosco:

Manuel Barbeitos, economista xubilado e colaborador en medios.

Jose Barros, estudante do grao de Xornalismo na USC e usuario dos bolseiros públicos.

Lucas Lojo, estudante do grao de Economía na USC.

2 opiniones sobre “A des-información por parte dos medios. As bolsas e a súa difusión.”

  1. É certo que os medios de comunicación deben estar a disposición da cidadanía e porén deben informar das axudas ás que os estudantes, como é o meu caso, ou outros sectores poboacionais con necesidades económicas poden optar, deixando de ser só instrumentos de propaganda ou crítica política.

    Gústame

  2. Estou totalmente de acordo coa conclusión do círculo, estamos ante un tema que precisa de bastante mellora nos medios. Cando sacan unha nova relativa ás bolsas e axudas, por exemplo, a prensa adoita a facer fincapé no goberno ou na institución en cuestión, dándolle un enfoque puramente propagandístico e deixando nun segundo plano a intención realmente informativa.

    Gústame

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s