”Os medios transmiten o que lles interesa: o conflito, non a solución do problema”

(15/11/2018)

Mobilidade: Cecilia Doforno, Xiana Fole e Jacobo Pérez-Lirón

Cafetaría do CGAC

”Hai xente que emprega a tarxeta de mobilidade reducida dalgún familiar en uso propio. Isto é unha consecuencia da problemática de aparcamento. É un déficit da sociedade, que non ten conciencia. Pero non aumentou agora, é así de sempre.” É a resposta de Álvaro García Couceiro, representante de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ante unha noticia de El Correo Gallego (6 de febreiro do 2018).

Atopámonos na cafetería do Centro Galego de Arte Contemporáneo, onde tivo lugar a primeira reunión de mobilidade. Estamos a debater sobre o uso do coche na cidade. Ángeles Sayáns Franco, da asociación veciñal O Castiñeiriño, sinala que se o trasporte público funcionase realmente ben, moita xente deixaría de empregar o coche para desprazarse.  ”O que está claro é que non podes aparcar nun aparcadoiro, porque deixas a metade do salario.” Todos están de acordo neste punto. ”Tamén hai que ter en conta que algunha xente —por dificultades físicas, problemas do corazón…—precisa usar o coche” engade García Couceiro, ”esa xente necesita atopar aparcamento, e non hai prazas dispoñibles.”

unnamed
Xoán Domínguez, Ángeles Sayáns e Álvaro García na cafetería do CGAC.

Amosámoslle outra noticia, publicada en La Voz de Galicia (14 de novembro do 2018) Trátase dunha queixa por parte dunha estudante ante a pouca frecuencia da liña que conecta co campus, insuficiente en relación coa demanda.”Con respecto a liña quince, que é moi importante a nivel universitario, eu o que boto en falta é que estea ben conectada coas liñas de transporte interurbano” sinala o estudante Xoán Domínguez. ”Precisamente esa falta de frecuencia impide que a xente que ven de Sigüeiro ou Ordes, que chega principalmente á estación de autobuses, non teña conexión directa ó campus sur de ningún xeito.”

Ademais falan doutra gran carencia do transporte público, especialmente para a mocidade: a ausencia absoluta de liñas nocturnas.  ”A partir das once e pico da noite non hai máis autobuses. Dicíame o outro día meu fillo que dende a praza de Galicia ata o Castiñeiriño gastou dez euros en coche” declara Sayáns Franco.

A terceira nova  que analizamos, tamén de El Correo Gallego (28 de setembro de 2018), fai referencia ó apoio por parte do Concello de Santiago na aposta polos coches eléctricos. Abrimos o debate á viabilidade que ven eles nestas medidas. Xoán Domínguez teno claro: ”son un tipo de medidas que se están tomando nalgunhas cidades a nivel europeo, pero penso que son o camiño contrario. O final o que xera é máis desigualdade. Hai que apostar polo transporte público”conclúe. Son medidas discriminatorias’’concorda Ángeles; un coche eléctrico como mínimo vale 30.000 euros. Que lle imos ter que deixar os aparcadoiros ós que teñen moitos cartos?”.

Chegando ó final do noso encontropreguntámoslle se as queixas que presentan dende as súas asociacións chegan ós medios. Nos sentamos nunha mesa e falamos de transporte. A nivel de medios é unha cousa totalmente diferente. Os medios transmiten o que lles interesa: o conflito, non a solución do problema” sentencia García Couceiro ante esta última cuestión.

Nesta primeira xuntanza, o círculo de mobilidade chegou á conclusión de que ante as  eivas existentes en Compostela en materia de transporte público e accesibilidade, os medios deberían actuar como unha plataforma para dar a coñecer esas deficiencias e axudar a impulsar cambios.

Participaron neste círculo:

Álvaro García Couceiro, COGAMI

Ángeles Sayáns Franco, Asociación Veciñal Castiñeiriño

Xoán Domínguezestudante

Un comentario en “”Os medios transmiten o que lles interesa: o conflito, non a solución do problema””

  1. Moi dacordo con Ángeles Sayáns e Xoán Domínguez no referente aos coches eléctricos. Lonxe de ser unha solución ao problema, sería unha medida discriminatoria e clasista.

    Gústame

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s