As informacións sobre seguridade vial exculpan aos condutores das súas infracións

(19/11/2018)

Mobilidade: Cecilia Doforno, Xiana Fole e Jacobo Pérez-Lirón

Libraría Couceiro

“Isto non é noticia”. Foi o comentario de Jean Picard (delegada en Galicia de Stop Accidentes) cando leu a peza “¿Dónde puede parar la Ambulancia?” de El Correo Gallego (14 de novembro de 2018) que ademais, cualificou de esaxerada. A análise da nova, dunha ambulancia que foi multada por estacionar de xeito incorrecto mentres realizaba un servizo, foi un punto de consenso entre Ana Balboa (representante de AMICO) e Picard que coincidiron en que, no caso que explica a noticia, “seica non ten outro lugar para aparcar“.

IMG_8867 3.JPG
De esquerda a dereita: Jeanne Picard, Angeles Sayans, Roberto Mansilla e Ana Balboa

Sobre a campaña da Xunta que recolleu El Correo Gallego (7 de novembro de 2018), Picard sinalou “estas novas podianas poñer tódolos días de tódolos anos porque total non o fan” e engadiu, “quedan en repartir chalecos, pero sen competencias e se a educación vial non é obrigatoria…”. Picard quixo salientar tamén a presenza da industria automobilística na prensa impresa e na televisión “Que publicidade hai nos xornais? E na televisión? O automóbil é quen máis paga entón nola meten aínda que non queiramos”.

O titular dunha nova de El Correo Gallego (22 de agosto de 2018) que relataba un accidente no barrio do Castiñeiriño suscitou varios comentarios entre os integrantes do Círculo. Picard amosou o seu asombro porque segundo ela “os coches non chocan porque si”, afirmando que debería personificarse nos condutores a responsabilidade nos sinistros. “A prensa tampouco é moi boa” foi o comentario co que Ángeles Sayáns (representante da AAVV do Castiñeiriño)  concluíu o repaso á escolma de informacións que realizamos na Libraría Couceiro.

Conversaron connosco:

Ana Balboa, representante de Amico

Jeanne Picard, delegada de Stop Accidentes en Galicia

Angeles Sayans, representante da AAVV do Castiñeiriño

Autor: Jacobo Perez Martinez

Xornalismo (USC) e Comunicación Audiovisual (UVIGO)

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s