A información universitaria adoece de paternalismo e de pouco interese real dos medios

(22/11/2018)

Cidade e Universidade: Tania Forja, Laura Garrido e Jacobo Pérez-Lirón

Residencia Universitaria Burgo das Nacións

“Non é a primeira vez que o International Day aparece en portada (…) Informativamente sempre ten un enfoque positivo porque trae a un recuncho referencias doutros países” foi a reflexión coa que Roberto Castro (redactor do Gabinete de Comunicación da USC) analizou a nova de La Voz de Galicia que informa dos actos que organizan os alumnos de intercambio. Con todo, Ramón Daniel Regueiro (estudante de Matemáticas) matizou que este tipo de informacións “separa entre estudantes da USC e o resto, transmite unha imaxe positiva dun grupo estudantado, non do total”. “A noticia é a que é e non creo que La Voz tratase de transmitir nada máis” dixo Manuel Fraga (representante da Asociación de Antigos Alumnos da USC).

Durante esta xuntanza do Círculo Cidade e Universidade na Residencia Burgo das Nacións puxemos sobre a mesa unha peza de El Correo Gallego sobre a ocupación dunha casona no Cruceiro do Gaio. “Por que ten que ser unha jarana, unha foliada ou a música un problema?” pregúntase Miguel Magán (director do servizo de deportes da USC) e Fraga engade “é unha titular moi subliminal e tendencioso, está a dicir aquí están os peludos estes”. “Non creo que prexudique aos estudantes porque a xente cando le okupas xa o asocia cun determinado grupo de xente” apostilou Gabriel Salsón (representante de Students for Liberty), mentres que Castro criticou que “Relifcte tópicos de que a xente dunha ideoloxía fai determinadas cousas”.

de3568ea-8075-4521-8b7e-40c29d77da3a 2.JPG
De esquerda a dereita: Ramón Daniel Regueiro, Gabriel Salsón, Manuel Fraga, Miguel Magán e Roberto Castro

As queixas dos estudantes sobre a ocupación e as condicións da Biblioteca Concepción Arenal é a información dunha das novas analizadas de El Correo Gallego. Castro apuntou que “a Biblioteca da Universidade da Santiago de Compostela é unha das poucas que ten horario extraordinario e porén, nos medios de comunicación o que aparece sempre é a queixa dos estudantes pola insuficiencia de postos e non se fala de que cando ves as estatísticas as taxas de ocupación en determinadas horas é baixísima”. Regueiro cuestionou que os horarios sexan os mellores e que “a información que difunde a Universidade non é a mellor porque, por exemplo, aínda non coñecemos o período de horarios extraordinarios nin pola páxina web nin polos medios de comunicación”.

Nesta última xuntanza do Círculo Cidade e Universidade pedimos aos colaboradores unha reflexión sobre os temas que analizamos nas xuntanzas. Fraga laiouse de que “nos anos 80 e 90 había unha páxina diaria sobre informacións universitarias nos xornais impresos e agora nada”. Nesa mesma liña, Castro puntualizou que “deixou de haber nas páxinas dos xornais un espazo específico, practicamente fixo e diario, para a USC.”. Regueiro amosouse contrariado a que os xornais traten cun certo “paternalismo” á información universitaria, unha visión que comparte Castro “cun equilibrio ao que sucede en cada momento”.

Deste xeito pechamos a 3º xuntanza do Círculo e que visibilizaremos, a través do deseño dun mapa no que aparecerán puntos de relación entre a comunidade universitaria e a cidade do Compostela. Así, poñer en valor o feito de que a actividade universitaria é quen de cruzar as cancelas do Campus e integrarse na vida urbana da capital galega.

Conversaron connosco: 

Roberto Castro, redactor do gabinete de comunicación da USC.

Manuel Fraga, representante da Asociación de Antigos Alumnos da USC.

Miguel Magán, director do servizo de deportes da USC.

Gabriel Salsón, representante de Students for Liberty Galicia.

Ramón Daniel Regueiro, estudante da Facultade de Matemáticas da USC.

Autor: Jacobo Perez Martinez

Xornalismo (USC) e Comunicación Audiovisual (UVIGO)

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s