A accesibilidade segue a ser un asunto pendiente en Compostela

(29/11/2018)

Mobilidade: Cecilia Doforno, Xiana Fole, e Jacobo Pérez-Lirón

Libraría Couceiro

‘‘A nosa é a única autoescola de Santiago que ten vehículos adaptados para xente de mobilidade reducida’’ cóntanos Jesús Vilariño, profesor da autoescola Santa Eulalia. Estamos reunidos na libraría Couceiro para a terceira e última reunión do noso círculo.

‘’Foi unha decisión nosa, como empresa privada. Tiñamos algunha demanda, fixemos cursos… vimos que había esa necesidade. Ten un prezo elevado, e non o estamos explotando. Temos que darnos a coñecer. Nos medios é importantísimo que se informe, por iso vos tedes un papel fundamental’’, explica.  Falamos dunha noticia de La Voz de Galicia (23/02/2018), na que se afirmaba que só había unha autoescola con vehículos adaptados na provincia da Coruña. ‘‘ Iso é mentira. A prensa debería ser máis rigurosa’’, conclúe Vilariño sobre o tratamento informativo.

IMG_9198.JPG
            De esquerda a dereita: Ángeles Sayans, Jesús Vilariño e Álvaro García Bustelo.

Comezamos a falar sobre os problemas de accesibilidade que se dan en Santiago. Concretamos que a zona de peor accesibilidade é o casco histórico, mais hai problemas estendidos por toda a cidade.  ‘‘Segundo a lexislación, a partir do 2010 todas as obras que fagan xa terían que ser accesibles. A realidade é que non.’’ denuncia Álvaro García Bustelo, representante de COGAMI. Cal é a problemática? ‘’Hai persoas que se quedan discriminadas cando hai un local que non ten garantida accesibilidade. E non serve que ninguén lle axude, temos que procurar que a persoa poida ser autónoma. Isto serve para todo o mundo, ós que temos cincuenta imos ser maiores e vainos facer falta, ós que están en cadeira de rodas, ós que van con carros de bebés…’’ sinálanos García Bustelo. ‘’Hai algunha beirarrúa aquí en Santiago na que nin colle a cadeira de rodas… cerca de praza Galicia, por exemplo’’ engade Vilariño.

Seguimos poñendo problemáticas sobre a mesa. Sae a relucir o tema dos ascensores. Comeza García Bustelo: ‘’Hai algo que é unha tremenda inxustiza, que é a Lei de Propiedade Horizontal. A lei agora establece que cando a comunidade necesite incorporar un ascensor nun edificio, os veciños teñen a obrigación de facer a obra. Pero sempre dentro do límite da cuota da comunidade dun ano’’—cóntanos— ‘’ou sexa, un veciño non vai ter que poñer máis cartos que os da comunidade dun ano; e se a obra supera esa cantidade, a persoa que a solicita ten que pagar a diferencia.’’

‘’Ninguén se quere mollar, e menos cando hai propiedade. Menos aínda os políticos’’ conclúe Ángeles Sayáns, da asociación veciñal O Castiñeiriño. Tras falar desas problemáticas xerais, enfocamos a reunión nos puntos máis conflitivos de Santiago. Decidimos realizar a nosa acción final en forma de vídeo, denunciando eses lugares conflitivos e esas deficiencias, podendo plasmar nel os problemas de mobilidade que existen.

Conversamos con:

Jesús Vilariño, autoescola Santa Eulalia

Álvaro García Bustelo, representante de COGAMI

Ángeles Sayáns, asociación de Veciños O Castiñeiriño

 

 

4 opiniones sobre “A accesibilidade segue a ser un asunto pendiente en Compostela”

  1. A verdade é que é sorprendente a cantidade de locais nos que entro ao longo do día sen decatarme de que non teñen a accesibilidade adecuada. Debería ser unha preocupación para o poder lexislativo, comezando coa reforma da Lei de Propiedade Horizontal e seguindo cunha lei que abarque a accesibilidade en xeral e impoña uns mínimos máis esixentes. Pero claro, non é un tema mediático, así que non interesa.

    Gústame

  2. É moi necesario que se fagan iniciativas para facer a cidade habitable e inclusiva para todos e todas, pero o seguinte paso e reclamar que se cumpla a lexislación e que o concello se implique.

    Gústame

  3. Moi preocupante a falta de veracidade dos medios en temas que precisan tanta visibilización coma este. Que un xornal non se preocupe de comprobar un dato como o número de autoescolas galegas con coches adaptados a persoas de mobilidade reducida paréceme unha calamidade.

    Gústame

  4. A verdade é que non chegamos a ser conscientes da falta de accesibilidade que hai na cidade. Deberíanse proporcionar as axudas necesarias e unha maior implicación por parte das institucións.

    Gústame

Comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s