A1 – Mobilidade

G-Movilidade

A acción final do círculo sobre a mobilidade en Santiago de Compostela consistiu nun percorrido por espazos públicos da cidade que non están adaptados correctamente á normativa que garante a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida. Esta ruta, conducida por persoas directamente afectadas, permitiu visibilizar no espazo urbán algúns dos problemas detectados e analizados ao longo das reunións deste círculo, á vez que fomentou a autorrepresentación das persoas que participaron no mesmo.