A2 – Muller

G-Muller

Para ilustrar o tratamento que os medios fan das mulleres na cidade de Compostela, a acción final acordada polas persoas que participaron no círculo sobre muller, consistiu na elección dunha serie de titulares que consideramos que non están ben formulados, ou que tratan o tema dun xeito pouco adecuado, e en refacelos para amosar que tipo de linguaxe se debería empregar. Para a elección de ditos titulares contouse coa axuda de todas as participantes e dalgunhas persoas máis que se animaron a participar. Estas novas, cos titulares correxidos foron pegadas por toda a cidade, de cara a visibilizar os debates que se produciron ao longo das reunións do círculo. Con esta acción buscouse concluír o traballo levado ca cabo, pasando da deliberación á acción, amosándolle á xente de Santiago a importancia que ten empregar unha boa linguaxe á hora de tratar certos temas, como son os relacionados coas mulleres.

Fotografías: Uxía Fieiras