A4 – Representación da cidade

M-Repre

No Círculo de Representación da cidade queremos amosar unha forma alternativa de ver e sentir Santiago, diferente ao que normalmente mostran os medios de comunicación nas súas novas e as políticas de comunicación institucionais. Para conseguilo, os integrantes do noso Círculo prestaron parte da súa obra artística, relacionada cunha imaxe atípica de Compostela como exemplo das reflexións e críticas das tres reunións que mantivemos. Imprimimos o produto artístico que nos achegaron e pegamos os carteis por Compostela para que a xente poida ver outro xeito de concibir a cidade e outras formas de comunicación máis aló dos medios.

DSC_0683
Deiviz colocou un dos carteis na Alameda, ao lado da estatua das protagonistas do seu cadro.

 

Colocamos os carteis en dez puntos significativos de Santiago, que podedes ver nun mapa interactivo de Google. A continuación deixámosvos as pezas feitas polos integrantes do noso Círculo crítico.

 

santi
O poeta Santi Acosta escribiu unha pequena peza na que describe o que significa Compostela para el, sendo a noite, a choiva e a arte os puntos chave desde os que se desenvolve a súa visión.
lara
Lara Salgado, asesora de comunicación do Concello de Santiago, quere poñer o foco de atención nos esforzos da sociedade galega unha sociedade moderna e igualitaria, non se rexida polas dinámicas patriarcais.

 

lois
O código QR leva a mola.gal, unha web cultural en galego na que colabora o cineasta Lois Froiz. Lois quere salientar a importancia do festival Cineuropa, que leva 32 anos enchendo de cine os teatros de Compostela.

 

ángel
Ángel Vidal, fotógrafo, achega unha nova forma de observar o casco histórico da cidade: o patrimonio de Santiago está cheo da vida que o foi envolvendo durante séculos, e da que todos bebemos día a día inconscientemente.
deiviz
O pintor Deiviz Kostoya achegounos a súa obra máis célebre, O grito das Marías, dúas figuras moi importantes na cultura local da cidade.
Fotografías: Uxía Fieiras