A5 – Universidade e cidade

Despois das xuntanzas de análise de medios de comunicación, no Círculo de Lectura encargado do tema Cidade e Universidade decidimos elaborar un mapa. Fomos conscientes de que se pode proxectar unha imaxe na que a comunidade universitaria e o resto da cidadanía son compartimentos estancos sen ningún tipo de relación. Por iso, quixemos reflectir neste mapa lugares e espazos de Santiago de Compostela onde hai unha relación evidente entre a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral.

Videos: César Fieiras/Fotografías: Uxía Fieiras