Accións

Como consecuencia da labor de debate e deliberacion dos círculos de lectura, as persoas que os integran, xunto coas moderadoras, porán en marcha accións comunicativas que busquen en primeiro lugar, visibilizar problemas concretos, detectados durante as deliberacións dos círculos e en segundo, combater, dende o terreo da comunicación social, ditos problemas, propoñendo solucións aos mesmos.

 

Acción: Muller e cidade

Para ilustrar o tratamento que os medios fan das mulleres na cidade de Compostela, a nosa proposta para a acción final consiste na elección dunha serie de titulares que consideramos que non están ben formulados, ou que tratan o tema dun xeito pouco adecuado, e en refacelos para amosar que tipo de linguaxe se debería empregar. Para a elección de ditos titulares contariamos coa axuda do círculo de fontes e dalgunhas persoas máis que se animen a participar. Para levar a cabo esta acción, falaremos co Concello de Santiago para que nos permitan colgar o resultado final das correccións dos titulares elixidos por toda a cidade de Compostela. Con este proxecto buscamos concluír todo o que aprendemos durante as tres reunións que tivemos co círculo levándoo á práctica, así como amosarlle á xente de Santiago a importancia que ten empregar unha boa linguaxe á hora de tratar certos temas, como é o da muller.