C1 – Mobilidade

G-Movilidade

Ola! Somos Cecilia Doforno, Xiana Fole e Jacobo Pérez, responsables do círculo de Mobilidade.

A cidade de Compostela medrou expandíndose cara aos seus diferentes costados. A Zona Vella, tradicional epicentro da cidade, convertiuse nunha especie de parque temático onde fachadas telón agochan o abandono, a xentrificación e o traslado dos cidadáns cara outras áreas.

Esa comunicación entre o rural e o urbano, entre Pontepedriña e o Ensanche, entre Vite e Conxo é o que trataremos nas xuntanzas cos colectivos. Como interpreta a prensa á cidade? Santiago é unha cidade de barrios que actúan como vasos comunicantes ou son compartimentos estancos? Cal é o papel das zonas de transición? Serán algunhas das cuestións que abordaremos canda os nosos colaboradores.

IMG_7987.jpg

De esquerda a dereita Cecilia Doforno, Jacobo Pérez e Xiana Fole.