C2 – Muller

G-Muller

      Ola! Somos o grupo que tratará o tema de Muller e cidade, centrándonos no ámbito compostelán. Formámolo Mar Álvarez e Paula Padín e coordínanos Antía Araújo.

     O obxectivo do noso traballo é analizar o tratamento que lle dan os medios de Santiago de Compostela á muller, sexa directa ou indirectamente. Centrarémonos na linguaxe mediática empregada, así como no propio contido de certas noticias nas que o papel da muller é crucial, tanto para ben como para mal. Para isto, falaremos con diferentes personalidades destacadas en relación ao tema de campos laborais totalmente diversos para que o proxecto presente un amplo abano de perspectivas interesantes e así podermos sacar unhas conclusións máis completas e fundamentadas.

     Os principais obxectivos deste traballo son darlle a visibilidade que merece este tema tan importante na nosa sociedade aínda patriarcal para poder remediar certos roles sexistas que aínda se perpetúan no tempo, así como a exposición de diferentes alternativas mediante as cales os medios deberían enfocar o papel que xoga a muller na actualidade.

HFPW6282
De esquerda a dereita: Mar Álvarez, Antía Araújo e Paula Padín.