C4 – Representación da cidade

  M-Repre

 Somos Eugenio Muñoz, Pablo Rañales e Celia Eiras, e andamos na procura de saber o que representa Santiago para a sociedade. Partindo do tratamento que fan os medios de comunicación de Compostela, intentaremos amosar o que para todos nós significa a nosa cidade, e desde moi diferentes ópticas. Contamos entre as nosas filas con xente nova e activa na esfera compostelá: na fotografía, no cine, na poesía, na pintura e incluso na propia comunicación institucional.

     Xuntos exploraremos o que é Compostela, o que se sinte en Compostela e deica onde camiña Compostela. Analizaremos a realidade da cidade e como esta transluce na arte. Deste xeito, poderemos idear e construír propostas alternivas para que Santiago non perda esa maxia que a caracterizou sempre e que tanto inspirou a infinidade de artistas, desde o Mestre Mateo a Suso de Toro.

foto circulo
De esquerda a dereita: Celia Eiras, Pablo Rañales e Eugenio Muñoz.