C5 – Universidade e cidade

G-Universidade (1)

Ola! somos Tania Forja, Laura Garrido e Jacobo Pérez-Lirón, responsables do Círculo 5: Universidade e cidade.

IMG_9148.jpg
De esquerda a dereita: Tania Forja, Laura Garrido e Jacobo Pérez

     Compostela é a cidade universitaria de Galicia. Durante os últimos séculos e ata os anos 80 (coa segregación de centros), o único centro universitario do país foi un dos principais axentes de desenvolvemento da capital. Santiago é, dende esta miraxe, un espazo compartido. Un espazo que se veu ocupado por unha poboación flotante usuaria duns servizos específicos. Adaptouse a cidade a eles? É a Universidade de Santiago ou é Santiago da Universidade?

     Neste proxecto analizaremos o tratamento que fan os medios da información relacionado con ese espazo de habitabilidade que é a cidade. Así, examinaremos as áreas de enfrontamento entre os diferentes axentes que se desenvolven e debateremos sobre o lugar onde pon o foco a prensa local para abordar esta cuestión.