Reunións

Presentación do proxecto Círculos de lectura

Hoxe, 25 de outubro, tivo lugar, no Pazo de Raxoi, a presentación ante os medios e a cidadanía composteláns do proxecto Círculos de lectura. Unha crítica social dos medios de comunicación. No acto interviron a concelleira de Mocidade de Santiago, Noa Morales e dous representantes do proxecto, Luis Ogando e Jacobo Pérez, os mesmos explicaron o funcionamento dos círculos así como a variedade de temas que se van abordar ao longo do seu funcionamento.